O restaurante

Compartir:

O restaurante “A Casa do Peixe” é o resultado dun proxecto que pretende poñer en valor o produto autóctono e a cultura mariñeira da Costa da Morte, especialmente da zona de Muxía.

A súa localización ao lado da praia da Cruz e do porto deportivo, cunha ampla zona de paseo marítimo xusto enfrente do restaurante, permite desfrutar dunhas marabillosas vistas.

Dispoñemos de capacidade para 62 comensais e dun amplo aparcadoiro.

No noso restaurante realizamos diversos tipos de accións de divulgación da cultura mariñera, como exposicións semestrais relacionadas con Muxía e a súa historia e cultura mariñeira, exposición de congro seco en vitrina e as nosas xornadas dedicadas á nosa gran especialidade, o congro seco.

Contamos ademais con conexión wifi gratuíta e terraza para fumadores.


Ir a menú
Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural e do Mar.
Gobierno de España. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
Unión Europea. Fondo Europeo de Pesca.
Grupo de Acción Costeira Zona 3 Costa da Morte.